Contratou a 12 persoas logo de que comenzara o paro indefinido
A Inspección de Traballo vén de confirmar tres sancións moi graves á empresa que se encarga da limpeza de contedores na fábrica de Stellantis en Vigo. Segundo a CIG, a autoridade laboral entende que vulnerou o dereito de folga, contratando persoal mediante ETT para suplir os traballadores que secundan ha folga indefinida iniciada o pasado día 3.
Visita de funcionarios da Inspección a Stellantis
Funcionarios da Inspección visitaran a instalacións de Stellantis Vigo ao pouco de terse iniciado o paro para constatar
as denuncias de esquirolaxe por parte do comité de empresa do Grupo Urbano Bernabé. A confirmación da Inspección -“que o luns lle entregará o informe sancionador á representación do cadro de persoal“-, chega despois de que os folguistas ocupasen o luns pasado as instalacións da autoridade laboral na rúa Cánovas del Castillo para reclamarlle que actuase ante as ilegalidades que estaba a cometer a compañía, entre elas a de contratación fraudulenta.
Persoal que traballaba máis horas das contratadas
De feito, dende a CIG-Servizos denuncian que as 12 persoas contratadas a través de ETT para facer o
traballo do persoal que secunda a folga teñen un contrato de 24 horas semanais, pero cando a Inspección
se trasladou a Stellantis ao comezo da folga “puido comprobar que nun par de días xa superaran esas
horas de traballo”.
Minimizar un paro secundado por case todo o persoal
Con estas “manobras”, denuncian os sindicatos, a empresa pretende minimizar o impacto dun paro que está a ser secundado pola práctica totalidade do cadro de persoal, integrado por 67 persoas.
De feito, engaden dende a CIG, “só están a traballar o encargado, a súa compañeira sentimental e dous traballadores contratados para cubrir unha baixa, ademais dos 12 da ETT”. De xeito que en cada unha das tres quendas traballan unicamente 5 persoas.