O conselleiro de Cultura, Ricardo Varela, o presidente de la Diputación, Rafael Louzán, e o vicepresidente da Fundación Fermín Penzól, Alfonso Zulueta, asinaron hoxe un convenio que permitirá a realización dunha “magna exposición” adicada a figura do intelectual galego que deixou os seus fondos bibliográficos a Vigo.
A exposición, que estará aberta ao público na sede da Casa Galega da Cultura os meses de outono e novembro, amosará parte dos 38.500 títulos que atesora a Fundación, dende varios incunables, pasando por 106 volumenes do século XV, 44 cartografias históricas, carteis, más de 2.400 publicacións periódicas dende o século XIX, documentos, monografías ou litografías, que Fermín Penzol gardou ao longo da sñua vida e que veñen de ser catalogadas, estudiadas e restauradas ao longo dos casi 50 anos de vida da fundación.
Na presentación, Alfonso Zulueta lobou a figura de Penzol ao que definiu coma un apasionado da cultura e da historia de Galicia que tiña “coma de importancia vital para o país” e que coa súa labora de recopilación permitiu abrir “novas perspectivas para a cultura galega no mundo”.
Rafael Louzán indicou que a colaboración de Deputación consistirá na aportación de medios técnicos e humáns que permitan a conservación dun “referente para os estudiosos da lingua do país” e, por último Roberto Varela, sinalou que a exposición “Fermín Penzol, unha obra para un país”, rendirá homenaxe ao home que “reuniu a mís vasto patrimonio cultural de Galicia e do galleguismo”. Os tres tiveron, asi mesmo, palabras de membranza para o lucense Francisco Fernándes del Riego, presidente da Fundación Penzol, que ven de donar a Vigo toda a súa biblioteca e que por uns pequenos problemas de saúde propios da súa idade, hai meses que cumpriu os 97 anos, non estivo presente no acto.