Do novo sistema de emerxencia ‘Es-Alert’
Se recibes unha mensaxe de a’alerta’ no teu móbil, non temas, é só un ensaio. Sí, é a que fará a Dirección Xeral de Protección Civil, dependente do Ministerio do Interior, este próximo xoves, día 27. Será un ‘simulacro’ do funcionamento de ‘Es-Alert’, un novo sistema que avisa directamente ao móbil dos cidadáns en caso de emerxencia ou catástrofe.
Non hai que facer nada
Os responsables de Protección Civil adiantan que pode soar no teu móbil un ‘chifre’, de son agudo, cunha mensaxe na que se indica que é só unha proba. Ademáis, sinalará que non tes que facer nada xa que o obxectivo é saber que este sistema funciona.
Este é o texto
O contido da mensaxe será: “esto es un mensaje de prueba del nuevo sistema español de avisos de emergencias a través de redes de telefonía móvil ‘112 inverso’ enviado por los Servicios de Protección Civil”. Cando o leas, preme ‘Aceptar’ para eliminalo da pantalla.