Con celebración en Bouzas, o venres 29, e carpas en Navia e o Calvario
O Concello ten programadas este ano 33 actividades durante o ‘Samaín’, que terán lugar en Vigo os días 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro.
Dúas carpas
Así, haberá dúas carpas, unha na rúa Teixugueiras, en Navia, e outra no Calvario, n arúa Cronista Espinosa, que contarán con actividades dende as 11:30h ata as 22:00h – agás o luns, 31, que arrincará ás 17:30h e o martes, 1 de novembro, que rematará ás 19:00h-.
Programación familiar
Nas dúas carpas haberá unha programación familiar, con actividades e actuacións para os máis pequenos con actividades como: talleres infantís e de ciencia; actuacións de magos e pallasos infantís; teatro e contacontos; interpretacións musicais a cargo de bandas de música e grupos de pandereteiras e concertos de grupos musicais de pop e rock.
Pasarrúas por todo Vigo
Como novidade, este ano realizaranse 5 pasarúas para animar diferentes zonas cidade. Estarán a cargo de charangas (“A ti ritmo” e “Sempre kchondeo”), grupos de batuka (“Aperta”) e grupos de animación (“Abutres do Samaín” e “Menudo Samaín).
Terán lugar o sábado 29, ás 11:30h no Calvario; ás 17:30h en Navia e ás 18:30h en Príncipe, que acollerá tamén o pasarúas de domingo e luns, tamén ás 18:30h. Tamén en Bouzas se celebrará o Samaín o día 29 de outubro, a partir das 17:00h na Alameda de Bouzas, onde contará con actuacións infantís.