Co obxectivo de axudarlles cos gastos derivados desta enfermidade
O Consello da Xunta, aprobou este xoves dar unha axuda directa de 1.000 euros ao mes, 12.000 euros anuais, ás familias nas que haxa persoas diagnosticadas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
A axuda empezará a cobrarse en 2023 e o obxectivo desta medida, como informou o presidente Rueda, é que poidan afrontar os gastos extra derivados deste enfermidade.
Axuda compatible con calquera outra
Galicia é a primeira comunidade en adoitar esta medida e pagar ás familias de xeito “directo e inmediato” e xa están reservados 3,2 millóns de euros nos orzamentos para o ano que ven. O presidente apuntou que esta axuda será compatible con calquera outra que reciban os enfermos e as súas familias.
Mobilidade, accesibilidade
O xefe do executivo lembrou os esforzos económicos que require afrontar a ELA, tanto no que se refire aos “básicos” como a hixiene ou a alimentación, e os relacionados coa mobilidade: compra de cadeiras de rodas, camas, guindastres ou a adaptación das vivendas.