Malestar porque non houbo opcións de reservalos máis que de madrugada
Os 20.000 ‘bonos cultura’ esgotáronse en minutos. Así é. Podían reservarse dende este mércores e quedaron todos apartados de madrugada, sen posibilidade de optar a eles hoxe pola mañá.
Como xa sucedera o ano pasado, houbo malestar polo feito de que a Xunta abrise as reservas ás 00:00h. o que deixou fora a quenes tentaron reservalos máis tarde.
Declaralos no IRPF
As persoas que os conseguiron poden gastalos en actividades culturais, compra de música, libros ou vídeos, ata o 31 de decembro nos máis de 400 establecementos apuntados este ano. Iso sí,…como informara vigoalminuto, quen teña este bono terá que declaralo este ano no IRPF.