Galicia Vigo al minuto

Seguimento masivo da folga das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

Paró entre un 70 e un 80% de todo o colectivo

Seguimento masivo da folga das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

Paro entre un 70 e un 80% de todo o colectivo

Entre un 70 e un 80% das traballadoras dos Servizos de Axuda No Fogar (SAF), participaron este mércores na primeira xornada de folga convocada por este colectivo. Acadouse este seguimento, apuntan dende a CIG, malia ter decretados uns servizos mínimos do 100% na maioría dos concellos.

Vigo

Transi Fernández, secretaria nacional da CIG-Servizos, sinala, porén, casos como o do Concello de Vigo, que anunciou servizos mínimos sen poñer a porcentaxe nin das auxiliares, nin das coordinadoras que ten que haber, ou o concello de Cambre, na comarca da Coruña, que nin sequera os decretou.

A este respecto explica que no caso de Vigo, ao non se especificar quen está de servizos mínimos, hai unha grande preocupación entre as traballadoras ás que “a empresa estalles dicindo que se queren ir á folga, que vaian, e teñen medo de secundala e que ninguén se faga cargo das persoas que dependen da súa atención se ninguén vai cubrir ese servizo”.

Fernández teme que a propia empresa queira que “isto sexa un caos” e adianta que van tratar de negociar coa concesionaria para que se defina claramente a situación.

Traballadoras do SAF de Covelo

Os servizos mínimos, cubertos

En todo caso, a secretaria nacional de CIG-Servizos salienta que, en xeral, as traballadoras en servizos mínimos están cubrindo os servizos e atención esenciais para logo poder participar, xunto coas súas compañeiras, nas innumerábeis concentracións que se desenvolveron en cidades e vilas ao longo da xeografía galega.

Servizo público esencial

Fernández indica que esta folga non se estaría producindo “se tiveramos un servizo totalmente público xestionado pola Xunta que garantira condicións salariais e laborais dignas e en igualdade de condicións para todas as traballadoras dos SAF”.

Dobre escala salarial

Neste sentido reitera o rexeitamento da CIG e das traballadoras á dobre escala salarial pactada no preacordo asinado por CCOO e UGT, que implica condicións salariais diferentes en función do concello onde desenvolvan o seu traballo.

Lembra que ás traballadoras dun concello no que non se vai sacar o novo concurso até dentro de dous anos, se lles apliquen incrementos salariais do 1% en 2023 e doutro 1% en 2024, mentres que as traballadoras do concello do lado, onde liciten este ano, van ter incrementos do 3,15% en 2023 e do 3,15% en 2024. “Unha terá en dous anos unha
suba do 2% e a outra dun 6,30%”
, explica.

También te puede interesar