Se che gusta a lectura, o Paseo da Corredoira de Tui será o teu paraíso particular. Esta fin de semana celebrase alí a Feira do Libro de Verán a partir das 19 horas o sábado e das 12 horas o domingo. Unha feira cun 10 por cento de desconto en todos os libros que se merquen, lambetadas para os máis pequenos e sorteos de vales de compra.
Os dous días está previsto que a partir das 20 horas actúe algún grupo folclórico tudense. En total, 21 postos de exposición e venta de libros en galego e castelán nas que se presentarán as últimas novidades editoriais para todos os públicos.
A idea de facer esta feira veraniega xurdiu o ano pasado, despois de que a choiva estropease a prevista para celebrar o Día das Letras Galegas o 17 de maio. E tras o éxito acadado, repitese experiencia.