Modernizará os procesos de xestión da empresa
DATAlife Hub de Innovación Dixital colabora no proxecto para a dixitalización da empresa galega Roeirasa, compañía de suministros industriais cunha relevante cota de mercado en sectores estratéxicos como o ferroviario, papeleiro, siderúrxico, eólico e enerxético, aeronáutico, alimentario, petroquímico, farmaceútico, agrícola, automoción e naval.
Novas canles dixitais
O proxecto, impulsado a través das axudas á dixitalización da Industria 4.0 do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2012-2020, consiste na dixitalización dos procesos da xestión de Roeirasa para abordar novas canles dixitais.
Esta iniciativa conta coa colaboración de Datasight Consulting, unha consultora analítica empresarial no ámbito da xestión de datos que combina unha ampla experiencia en diferentes sectores, empregando técnicas de analítica para axudas ás empresas a mellorar o seu negocio.
Roeirasa
Roeirasa, fundada en 1963, ten as súas instalacións principais no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, onde xestiona unha superficie total de almacenamento de 29.000 metros cúbicos. Actualmente a súa carteira activa é de máis de 5.200 clientes ubicados principalmente na Península Ibérica, Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla, e presentes en todos os sectores industriais produtivos.
A empresa, que no ano 2021 rexistrou un volume de negocio consolidado de 38,04 millóns de euros, ten 13 delegacións en España e unha empresa filial en Portugal con duas delegacións . A súa plantilla está integrada por 145 traballadores.
Xestión da información en tempo real
Co apoio e colaboración de DATAlife, Roeirasa está a desenvolver unha solución para realizar a análise e seguimento dos diferentes procesos de negocio, permitindo xestionar a información da súa empresa en tempo real. Ademais, dentro deste proxecto implantará unha solución baseada na Intelixencia Artificial para a previsión de demanda e optimización da cadea de valor, fundamentada en algoritmos de aprendizaxe automática que lle permitan anticiparse e adaptarse á demanda dos seus clientes, optimizando así todos os seus procesos de xestión.
Roeirasa distribúe as máis prestixiosas marcas de suministros industriais e ofrece un servizo integral do proceso loxístico aos seus clientes. Nas súas instalacións de Vigo, na súa maioría con xestión automatizada, ten 425.000 referencias e máis de 5,5 millóns de unidades. Nas diferentes delegacións en España e Portugal (A Coruña, Asturias, Barcelona, Bilbao, Madrid, Sevilla, Ourense, Ponferrada, Tenerife, Valencia, Zaragoza, Oporto e Lisoba) conta con almacéns que en total suman máis de 10.000 metros cadrados.
Modernización e competitividade
Os proxectos financiados coas axudas á dixitalización da Industria 4.0 do Igape, en liña coa estratexia de Hubs de Innovación Dixital da Xunta de Galicia, teñen como obxectivo primordial facilitar a implantación de solucións tecnolóxicas para mellorar os procesos produtivos industriais das empresas dentro da súa actividade.
Deste xeito, os proxectos seleccionados estanse a beneficiar de esta iniciativa, facilitando a modernización das compañías e mellorando a súa competitividade mediante a interconexión dixital entre empresas.