Haberá unha nova mobilización o vindeiro 17 de decembro
Este sábado, veciños de Teis concentráronse na rúa párroco Don Serafín, para esixir a mellora do abastecemento de auga desta rúa.
Compromiso do Concello
Párroco Don Serafín, padece desde hai moitos anos roturas da tubaxe da rede de abastecemento o que supón cortes do subministro continuos, obras na rúa e o deterioro do firme. Ante esta situación, en xullo realizouse un ” bay pass”, colocando en varios tramos da rúa parte do tubaxe ao descuberto, como unha medida provisional.
Daquela representantes da Asociación de Veciños de Teis falaron responsables de Fomento do Concello de Vigo, que se comprometeron a ter acabado, nuns meses, un proxecto para solucionar esta situación, proxecto que aínda está no proceso de redacción.
Nova concentración o sábado 17 de decembro
Ante esta situación, ao finalizar a concentración de onte, na asemblea celebrada acordouse continuar coas mobilizacións e convocar unha nova mobilización o sábado 17 de decembro ás 17.00 horas.