O domingo foi o peor día con 24 sinistros
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 81 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do venres, 18, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 20 de novembro.
A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 82 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Así, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas, foron 76. De todos eles, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 9; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico en 64 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, en 3 accidentes.
En 17 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 63 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.