Destacados Vigo al minuto

Dende este mércores xa podes reservar praza en Monbus coas tarxetas de Mobilidade e Xente Nova

Con descontos de ata o 95%

O transporte interurbano seguirá sendo gratis para os menores de 21 anos

Con descontos de ata un 95%

Monbus lanza un sistema piloto de reserva garantida para que os usuarios da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG) e da Tarxeta Xente Nova (TXN) poidan reservar praza con antelación nos seus servizos. 

Cómo facelo?

Para acceder ao sistema, os usuarios teñen que dirixirse á páxina web de Monbus e rexistrarse facilitando os seus datos persoais, o número da súa tarxeta TMG ou Xente Nova e abonar unha fianza de 10€, que pretende evitar o uso indebido do sistema de reservas. Cando se completa o rexistro, o proceso é tan sinxelo como buscar a viaxe desexada e seguir os pasos. Unha vez feita a reserva, deberase presentar o xustificante directamente no autobús ao persoal de condución e pagar coa TMG ou a TXN. 

Vigo

Os viaxeiros da XG802 e da XG623 serán os primeiros en dispoñer deste novo sistema de reservas, podendo reservar a súa praza a partir do mércores 23 de novembro nas principais relacións de tráfico destas concesións e nunhas paradas concretas: Santiago – Lugo, Ourense – Lugo, Ourense – Pontevedra e Ourense – Vigo.  

Trátase dun sistema que se despregará de forma gradual e que comeza cunha mostraxe nas catro provincias galegas para atender aos diversos tipos de viaxeiros. 

Evitar colas e obter descontos de ata un 95%

Con esta ferramenta, os usuarios poderán planificar a súa viaxe con antelación, ao tempo que evitan colas e esperas nas estacións e continúan beneficiándose dos descontos de ata o 95% que ofrece Monbus en colaboración coa Xunta de Galicia, utilizando a TMG ou a TXN. 

También te puede interesar