Compatibles co ‘Bono Cultura’
O Auditorio Mar de Vigo volve a sumarse ao ‘Black Friday’, con descontos dun 20% para cerca de 20 espectáculos que están programados ata o mes de febreiro.
Compatible co ‘Bono Cultura’
Coincidindo co día central do Black Friday, que se celebra este venres 25 de novembro, o Mar de Vigo activará a súa venda de billetes con desconto dun 20% durante toda a fin de semana ata a medianoite do domingo 27 de novembro.
Este desconto será tamén compatible co do Bono Cultura, só que as persoas que dispoñan do bono, deberán canxear as entradas na billeteira do Mar de Vigo de maneira presencial, tanto o mesmo venres 25 en horario de mañá de 12.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas ou o domingo 27 pola tarde, en horario de 16.00 a 17.00 horas.
“SuperThings”
Entre os espectáculos que terán este desconto excepcional con motivo do Black Friday, hai varios musicais pensados para gozar en familia, música clásica e ballet ou concertos pop. O primeiro para o que poderá activar este desconto será para o exitoso musical familiar “SuperThings”, que terá lugar este domingo 27 ás 17.00 horas.
‘Peter, el musical’
Outros dos eventos familiares previstos nos que se poderá activar o desconto é o esperadísimo “Peter, El Musical”, do que haberá cinco funcións do venres 2 ao domingo 4 de decembro; o musical “La Bella y la Bestia”, que terá doble función, de mañá e tarde, o domingo 11 de decembro; o musical “El origen del hielo, tributo a Frozen”, que chegará o 27 de decembro ou a música das películas de Walt Disney, co “Walt Disney in Concert” o 30 de decembro.
Mocedades
Entre os concertos musicais previstos, nos que se poderá activar ese desconto do 20%, están o de “Break Free”, tributo a Queen o 29 de decembro; o dos históricos Mocedades, coa súa xira 50 aniversario “Eurovisión 73” o 7 de xaneiro; Macaco, presentando o seu disco “Vuélame el corazón” o 27 de xaneiro; ou Kevin Johansen o 4 de febreiro, coa súa nova xira “Tú Ve Tour”.
‘El Cascanueces’ o ‘El lago de los cisnes’
No que respecta á música clásica e o ballet, o desconto poderá activarse para espectáculos como “El Cascanueces” o 18 de decembro e “El Lago de los Cisnes” o 13 de xaneiro, interpretados polo Ballet Clásico de Ucrania; o concerto de Aninovo o 6 de xaneiro coa Strauss Festival Orchestra e a Strauss Festival Ballet Ensemble; “Carmina Burana” o 22 de xaneiro, coa Orquestra Sinfónica e Coro estatales ucranianos; ou o evento tan especial que propoñen desde a Orquestra Vigo430, Música e videoxogos: unha odisea sinfónica. Videoxogos combinados cunha partida en directo para «gamer» e orquestra o 23 de decembro.
As entradas para todas os espectáculos do Auditorio Mar de Vigo poden adquirirse a través de www.teuticket.com.