Para que maiores de 60 anos non pasen o Nadal sos
A Xunta ampliou o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’ , que ofrece estadías 100% gratuítas, en pensión completa a persoas maiores que viven soas ou que non teñen con quen pasar estas datas. En total, son 540 prazas nas Residencias de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán, e do Carballiño entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro.
Novo prazo
O prazo para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 5 de decembro e poderá realizarse: a través da sede electrónica, nos centros de atención social ou no concello de procedencia. Ademais, poderase obter información na canle +65, chamando ao teléfono 900 333 666.
Maiores de 60 anos
As persoas beneficiarias deberán ter máis de 60 anos, estar empadroado nalgún concello galego e vivir só no seu domicilio ou ter que pasar só as datas do Nadal. O programa permite unha estancia de oito días nunha destas dúas residencias, así como desprazamentos en autobús e actividades de animación sociocultural como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións ou ximnasia entre outras.
Dúas quendas
A convocatoria deste ano 2022 distribuirá as 540 dispoñibles en dúas quendas do 23 ao 30 de decembro e do 31 ao 7 de xaneiro. Na residencia de Panxón ofértanse 260 prazas, mentres que na de O Carballiño 280.