Cultura Vigo al minuto

Por primeira vez en 37 anos, ‘Ofeitoaman’ non estará no Nadal de Vigo

“O impide o deseño das festas realizado polo Concello”

Por primeira vez en 37 anos, 'Ofeitoaman' non estará no Nadal de Vigo

“O impide o deseño das festas realizado polo Concello

A Asociación Galega de Artesáns (AGA) confirma que este ano non haberá ‘Ofeitoaman’ en Vigo. Dede a asociación indican que o deseño das festas definido polo Concello , non ofrece as condicións necesarias para desenvolver unha feira de Artesanía de calidade organizada por e para os artesáns da contorna de Vigo e do resto do País”.

“O Concello favorece a actividade económica dunha empresa foránea”

Así mesmo lamenta que, mentres, “favorece a actividade económica dunha empresa foránea cun modelo de negocio contraposto ao concepto que representa a Artesanía”.

Nesta liña, engaden, “sentimos non poder volver a saúdar a tanta xente fiel que durante os últimos 37 anos visitou ‘Ofeitoaman’ nas distintas localizacións da feira”. Varias xeneracións pasaron por Ofeitoaman no Mercado do Progreso, na Alameda, na Estación Marítima, na Praza da Estación do Tren e na terraza do Centro Comercial A Laxe.

Os responsábeis da Asociación Galega de Artesáns agardan que no futuro os valores que representa a Artesanía teñan dabondo importancia no eido local como para poder retomar unha celebración que atenda aos intereses e necesidades do sector e poida levar ao público nunhas datas sinaladas coma estas unha oferta de produtos artesáns de calidade, con orixe recoñecible, con autoría, sostibles, de proximidade, diferentes e orixinais.

También te puede interesar