Destacados Vigo al minuto

Xa podes reservar praza para as actividades de conciliación durante o Nadal

Hai 250, para nenas e nenos de 4 a 12 anos e son gratuitas

O Concello organiza actividades infantís para a conciliación familiar no Nadal

Hai 250, para nenas e nenos de 4 a 12 anos e son gratuitas

O Concello ten en marcha un programa pensado para ofrecer un tempo de lecer educativo dentro da cidade e facilitar así a conciliación da vida familiar e laboral.

Exactamente, o mesmo contará con 250 prazas gratuítas dispoñibles para nenas e nenos de entre 4 e 12 anos, nacidos en Vigo entre os anos 2010 e 2018. A participación no programa debe solicitarse de xeito telemático desde este xoves, 15 de decembro.

Por orde de inscrición

Será cando abra o prazo de inscrición a través da web xuventudevigo.org. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición ata a cobertura de todas elas.

En canto ás actividade que van desenvolver as nenas e nenos, abordarán a temática de Nadal a través de xogos e talleres nos que ademais se traballarán valores como a igualdade, a educación ambiental e o respecto ás tradicións culturais desta época.

Datas

As actividades desenvólvense os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 7:45 a 15:15 horas, de luns a venres. Ademais, haberá aula matinal de 8 a 9 da mañá e servizo de friameira desde as 14 ás 15 horas. O Pavillón central das Travesas, a Casa da Xuventude e o Pavillón de Coia acollerán estas actividades.

También te puede interesar