Tamén adiantou a RISGA a 6.000 beneficiarios
A Xunta ingresará a partir deste luns o complemento extraordinario para os preto de 37.000 perceptores de pensións non contributivas. Adiantou esta axuda destinada aos pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a persoas anciáns e enfermas perceptoras do fondo de asistencia social e ás persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.
206 euros por persoa
Así, o ingreso realizouse por oficio o a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos e ascende a 206 euros por persoa, o que fai de Galicia unha das poucas comunidades que mantivo de xeito ininterrompido durante os últimos anos este complemento.
Adianto na Risga
Así mesmo, a Administración autonómica tamén adiantou o ingreso da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) para antes do Nadal para que os seus máis de 6.000 beneficiarios puidesen contar coa axuda antes destas datas tan sinaladas.