Os traballos comezaron repoñendo as do Parque do Cristo
A Concellería de Parques, Xardíns e Limpeza do Porriño comezou xa os traballos de replantación do arboredo do casco urbano e Torneiros.
Tilos, camelios ou magnolios
En total serán un centenar de exemplares os que se plantarán en posicións onde non se repuxeran, seleccionando a tal fin árbores de boa calidade acaídos para o marco de plantación como tilos, camelios e magnolios, entre outros. O Concello procede tamén á retirada de 47 tocóns , con medios mecánicos e manuais, e posterior traslado destes restos vexetais cun xestor autorizado.
Parque do Cristo
“Os traballos comezaron no Parque do Cristo, onde se retiraron os restos das 18 árbores danadas (tocóns de aproximadamente 50/70 cm de diámetro) e se replantaron 17 novas árbores, concretamente 14 na contorna da Capela e 3 na zona do parque infantil”, explicou o concelleiro, José Carlos González.
“Continuaremos repoñendo 4 árbores na rúa Domingo Bueno, 4 na rúa Foz, 6 en Xogo da Ola, 3 na Avda. de Galicia, 4 na rúa Cruceiro, 2 na rúa Pinar, 3 no Cristo dos Cachos, 1 na contorna dos Xulgados, 1 na rúa Codesal, 3 na contorna da ponte do Valo, 25 no velódromo municipal e 17 na Fase III de Torneiros”.
Árbores danadas
“As árbores deterioradas deixan o seu lugar a novos exemplares que devolverán á zona urbana do Porriño ese verde que precisa”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Substituiranse aquelas árbores que, por diversas circunstancias, sufriron danos e non se atopan en bo estado e tamén plantando en novas ubicacións. Traballamos co obxectivo de dotar o Porriño de máis zonas verdes, non só levando a cabo esta reposición, senón creando novos espazos que sirvan de pulmón desta contorna urbana”.