O sábado foi o día con máis accidentes: 18
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 57 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 27, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 29 de xaneiro.
Así, a Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos, recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon estas chamadas foron 59: as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 9 accidentes; o helicóptero medicalizado asistiu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.
En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.