Tampouco á solicitude de entrevista coa concelleira de Urbanismo
A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que despois dun ano de presentar as alegacións ao documento do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM), o Concello de Vigo non respondeu. “Aínda non recibimos ningunha resposta nin a Asociación, nin a veciñanza que presentou alegacións” Así, os responsábeis veciñais lembran que o período de exposición pública do PXOM, finalizou o 18 de xaneiro de 2022.
O pasado 5 de outubro de 2022, diante da falta de resposta as alegacións, dende a Asociación solicitaron unha xuntanza coa Concelleira de Urbanismo, María José Caride, e co responsable da Xerencia Municipal de Urbanismo, para tratar sobre a tramitación das alegacións, sen recibir resposta.
“Falta de transparencia”
Por iso, desde a Asociación, ven con preocupación a “falta de transparencia e información coa tramitación do PXOM” dado que nin deron respostas as alegacións, nin hai vontade de recibir aos veciños e a pregunta que se fan é: “Hai algo que ocultar?”.
Nesta liña, os responsábeis veciñas cren que o Plan Xeral non da resposta as necesidades da parroquia e “hipoteca o seu futuro”. Aseguran que non recolle ningunha solución aos graves problemas de trafico que padece Teis, ao non figurar novas infraestruturas; tampouco inclúe a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 de Torres de Padín até o centro; e só se limita a unha grande rotonda en Buenos Aires, que xenera oposición.
“No resolve os problemas de infraestruturas pero logo figuran ampliacións de rúas e camiños en zonas cunha elevada densidade de residentes”. Tampouco acomete os atrancos da circulación, e supón unha forte afección para os/as veciños/as, “como é o caso da rúa Oliveira, camiño da Traída de Augas, camiño de Gondesende e Avenida de Galiza”.
Solo Urbano non Consolidado
Así, a Asociación insiste en que “seguese insistindo no desenvolvemento de Teis, a través de Peris, Solo Urbano non consolidado (SUNC)”. En Teis, figuran 16 figuras de Solo Urbano Non Consolidado (SUNC), que xa figuraron no Plan Xeral do 1993 e do 2008, polo que “levan moitos anos incluídos, sen que ningún de ditos plans se desenvolveron”. Mentres, deixan á veciñanza con vivendas incluídas nestas figuras, nunha “situación de incerteza sobre o futuro” e sen poder realizar ningunha obra de ampliación.
Autoestrada AP9 acesos e trafico en Teis.
Seguindo coas súas inquedanzas, os veciños apuntan que a autoestrada AP-9 atravesa a parroquia de Teis é un dos principais accesos a cidade de Vigo, pero que divide a Teis. “Desde a Asociación, levamos anos reivindicando a conversión en tramo urbano da autoestrada AP9 desde “As Torres de Padín ” até o centro da cidade.
Cando falan de converter en tramo urbano refírense a “realizar máis acesos para desconxestionar unha parte da circulación, en concreto reducir o elevado tráfico que padece a Travesía de Vigo e especialmente Sanjurjo Badía“.
Por iso, “sempre defendemos diante dos responsábeis do Ministerio de Transportes e do Concello de Vigo a construción de novos accesos como mínimo en “Torres de Padín ” e na rúa Buenos Aires”. Por iso, “limitar a actuación só a rúa Buenos Aires, sería una medida insuficiente.”
Nin rastro do túnel de Julián Estévez
Tamén, estas propostas sobre os accesos na autoestrada AP-9, “entendiamos que non son a solución definitiva aos problemas do trafico en Teis. Polo que a construción do túnel de Julian Estévez, que figuraba no anterior PXOM e que no actual non desaparece, era unha boa proposta”.