Superan as 72.000 doazóns dende 1995
A primeira campaña de doazón de sangue do ano 2023 que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realizou nas instalacións de Stellantis Vigo, saldouse cunha notable participación de 678 traballadores e traballadoras. Coa súa doazón acadadan as 72.470 acumuladas desde o ano 1995.
A planta acolleu durante os días 24, 25 e 26 de xaneiro, e do 2 de febreiro, a primeira das catro visitas anuais que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ten programadas para o 2023.
Ao respecto, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere poñer en valor a colaboración dun dos centros fundamentais do aparello produtivo de Galicia que, desde sempre, amosou a súa implicación coa sociedade galega e co altruísta xesto da doazón, tanto de sangue coma de órganos.
28 anos de xenerosidade
Desde o ano 1995, o Centro de Vigo do Grupo Stellantis comezou a albergar campañas de doazón de sangue que, no presente, afianzan a esta empresa como un referente no territorio nacional, sendo a compañía española con maior número de doazóns.
Cómpre subliñar que grazas a colaboración dos 678 profesionais da empresa viguesa que doaron sangue nesta primeira campaña anual promovida por ADOS, poderán realizarse, por exemplo, máis de 335 intervencións cirúrxicas ou transfundir plaquetas a preto de 140 enfermos oncolóxicos.