Vigo al minuto

Centos de vigueses rexeitan na rúa o xeito de gobernar do alcalde

Denuncian que Caballero ignora os “problemas sociais, de convicencia e de sostibilidade” de Vigo

Centos de vigueses rexeitan na rúa o xeito de gobernar do alcalde

Denuncian que Caballero ignora os “problemas sociais, de convicencia e de sostibilidade” de Vigo

Centos de persoas atenderon a chamadas de 17 de colectivos, asociacións, agrupacións e grupos cidadáns, e manifestáronse este domingo en Vigo para rexeitar o xeito do alcalde de xestionar os problemas da cidade,

Saínda da Porta do Sol, os asistentes cualificaron a Abel Caballero de “populista” e acusárono de gobernar “con enormes aires de grandeza e superioridade, desprezando as voces discrepantes e ignorando os problemas sociais, de convivencia, e sostibilidade da cidade”.

Vigo somos todos e todas, e merecemos que se nos escoite, sinalaron e, no manifesto leido ao final da mobilización aseguraron que “debaixo do paraugas de éxito mediático da cidade de Vigo durante o Nadal proxéctanse tamén moitas sombras”.

“Cando non opinamos como Abel, este vai na nosa contra”

No percorrido, que chegou ata a Farola de Urzáiz e volveu á Porta do Sol, os asistentes berraron lemas como ‘Abel, escoita, Vigo está en loita!’; ‘Vigo somos todos, Vigo somos todas!’ ou o xa clásico ‘Se isto non se amaña, caña, caña, caña!’.

Ao final, o encargado de ler o manifesto, en representación de  AVIBEVecinos Zona Centro; Bembrive en Pé; Vigo HistóricoGrupos en LoitaOs Ninguéns e Defensa Parque García Picher, Gasolineras a 100 Metros; Xubilados de Cabral; Salvemos a Gran Vía; Local Social FaíscaComité de Empresa de Vitrasa ou as organizacións ecoloxistas ADEGAEcoloxistas en AcciónAmigos da Terra ou Greenpeace, apuntou que “unha maioría absoluta non pode ser escusa para non negociar e para non atender as críticas dos veciños e veciñas da cidade. Cremos que o Concello de Vigo debe cuestionarse que relación quere ter ca veciñanza da cidade, nunha democracia como a que vivimos, non teñen cabida actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas”.

Sustentabilidade

Nesta liña denunciaron problemas de gravidade, como o da sustentabilidade, e lembraron que “Vigo ten a dudosa honra de ser a cidade de España con máis vehículos por habitante, o cal fai que teña un tráfico terrible que lle otorga tamén ter o aire máis contaminado de toda Galicia e dos peores do país.

Así, aseguraron, a cidade non está preparada para facer fronte o cambio climático e o quecemento global. Precisamos, apuntaron “un modelo novo de cidade é necesario onde as zonas verdes gañen espazo ó formigón, onde as árbores sexan as protagonistas fronte o ruído, onde se priorice a calidade de vida fronte a inversión privada”.

A declaración marcou o rexeitamento das diferentes asociacións aos proxectos como o do vial PO-010, ou a nova A52 Bigo-Porriño, que vai “romper” Bembrive. Tamén aos ruídos do Nadal que soportan as veciñas e veciños da zona centro.

Casco Vello

No mesmo fío, aseguraron que “como Vigo somos todas e todos, esiximos que se atenda á cidadanía cando defende o patrimonio cultural e natural ante as actuacións da propia administración”. Así, puxeron exemplo o túnel de Elduayen que afecta ao Casco Vello, “barrio que debería permanecer inalterable no tempo, non modificado por ocorrencias actuáis”. Ademáis, subliñaron, os 3 anos sen tráfico na porta do Sol demonstraron que “é innecesario”.

Árbores e parques

En canto as árboles, “son apreciadas pola cidadania, e tamén son patrimonio. Son un regulador térmico, non simples adornos. Basta de arboricidios en Vigo”. Por iso esixiron que antes de cortar unha árbore porque molesta a
sua ubicación, se pense no que esa árbore ofrece.

Tamén pediron un Vigo onde os seus parques coma o Parque de García Picher e xardíns da Alameda sean coidados e protexidos. “Lamentablemente o cambio climático non é unha teoría, estamolo a sufrir xa; vimos dunha vaga de calor no verán, e dunha seca a que durou ata ven entrado o outono e cunhas temperaturas non acordes as estacións nas que estamos. Frente a isto o Concello promove arboricidios, reemplazar parques cheos de árbores, terra e herba por caucho“.

Pobreza e conflitos laborais

“Como Vigo somos todos e todas gustaríanos que nos se expulse á poboación empobrecida das prioridades locais, e haxa unha axenda ambiciosa e responsable socialmente coas veciñas en risco de exclusión, de senfogarismo, despexadas, prostituidas, e tanto colecticos infraatendidos”.

Tamén pediron unha cidade na que as bandas musicais non atopen salas de ensaio pechadas; a mediación no conflito laboral de Vitrasa, cuns traballadores que levan meses facendo paros, “unha situación que afecta á cidadanía”.

“Non se pode construir Vigo de costas ás veciñas e veciños”

A conclusión dos manifestantes e as asociacións convocantes é que “non se pode constuir un Vigo de costas oas veciños e veciñas. Non se pode confundir esa maioría “absolutísima”, lexítima e democrática, cun cheque en branco. E que o exercicio desa maioría no Concello de Vigo non pode ser un rodete antidemocrático”.

También te puede interesar