Galicia Vigo al minuto

A Xunta facilitará a transfomación de baixos comerciais en vivendas

Simplificando as esixencias de adaptación necesarias

A Xunta facilitará a transfomación de baixos comerciais en vivendas

Simplificando as esixencias de adaptación necesarias

O presidente da Xunta anunciou este xoves que o Goberno galego impulsará un cambio na normativa de habitabilidade para facilitar e permitir que baixos comerciais abandonados ou sen actividade, en contornas urbanas, poidan reconverterse en vivendas. Ademáis, tal e como explicou Alfonso Rueda, a Xunta tamén busca “actualizar unha normativa” que foi aprobada hai 13 anos e que incorpora “requisitos moi estrictos e obsoletos” de cara a rehabilitación ou reforma dunha vivenda.

Aumentar a oferta de vivendas

O Consello acordou hoxe iniciar a tramitación do decreto que vai modificar as actuais Normas de habilitabilidade de vivendas de Galicia, aprobadas en 2010. “O que buscamos é que se un baixo non vai ter uso comercial, poida ter un uso residencial”, indicou Rueda, é dicir, “non se trata de evitar o uso comercial dos locais senón de posibilitar outros”. Isto, resaltou, vai favorecer, por unha banda, que aumente a oferta de vivendas dispoñibles para a cidadanía e, por outra, evitar a sensación de degradación que produce ter moitos baixos abandonados tanto no centro como nos barrios das cidades”.

Unha posibilidade que xa existe…pero moi restritiva

Cómpre subliñar que agora existe xa a posibilidade de adaptar baixos comerciais para destinalos a uso residencial, pero esta adaptación queda impedida ás veces polo feito de que a normativa actual de habitabilidade esixe que se cumpran unha serie de condicións bastante estritas para garantir a protección das vistas das vivendas desde o exterior.

Excepcións

Por iso, un dos cambios que se quere introducir favorecerá a reconversión de baixos en vivendas cando se dean este tipo de situacións, permitindo aos concellos facer excepcións e simplificar as esixencias de adaptación necesarias para garantir a intimidade dos residentes en determinados ámbitos, sempre que estea debidamente xustificado por motivos urbanísticos ou de protección patrimonial.

A tal fin, manterase con carácter xeral a esixencia de protección das vistas nas vivendas reconvertidas a partir de baixos comerciais, pero as administracións locais poderán eximir ou matizar este requisito dentro de determinados ámbitos a través da tramitación dun anexo de habitabilidade, figura xa contemplada no decreto actual, pero cun alcance moi limitado e que se pretende agora estender a través desta modificación. Un exemplo, explicou o presidente, sería naqueles baixos “nos que non é posible subir a altura das fiestras”, pero si instalar algún sistema para evitar ser vistos desde fóra.

También te puede interesar