Comarcas Vigo al minuto

Nigrán acaba co problema de inundacións no camiño ‘Rego do forno’, en Patos

O Concello investiu 67.518 € en obras hidráulicas sobre o río 

Nigrán acaba co problema de inundacións no camiño 'Rego do forno', en Patos

O Concello investiu 67.518 € en obras hidráulicas sobre o río 

Adeus ao problema de graves inundacións no Camiño ‘Rego do Forno’, en Patos. Xa é historia. O Concello de Nigrán rematou as obras hidráulicas para que o río Forno non desborde cando hai grandes precipitacións. Así, ao mesmo tempo, aproveitou para pavimentar o camiño que leva o seu nome e tamén o de acceso á parte de servizos da urbanización Mario Puentes. As obras, que comezaron a inicios de mes e tiñan un prazo de execución máximo de 42 días, correron a cargo de Construcciones Caldevergazo tras serlle adxudicadas por importe de 67.518 €.

Asolagamentos

Este problema de asolagamento do vial (e mesmo das fincas particulares colindantes) producíase porque os derradeiros 380 metros do río Forno, que desemboca na praia de Patos e ten unha lonxitude total de 1.260 metros, foron soterrados cando se urbanizou a zona e, en caso de abundantes precipitacións, a canalización entraba en carga e desbordaba por completo sobre fincas particulares e municipais. A solución definitiva aportada no proxecto de ‘Soltec Ingenieros’ foi eliminar un total de 146 metros soterrados para que o río discorrese a ceo aberto a través dunha canle con forma trapezoidal forrada en granito.

Asfaltado

Como parte da obra, asfaltouse o Camiño do Forno, vial de 160 metros de lonxitude que permanecía sen pavimentar e en estado calamitoso pese a ser a rúa de acceso para varias vivendas. Adicionalmente, o vial de servizo á zona de mantemento da urbanización Mario Puentes foi re-naturalizado trocando o asfalto actual por céspede transitable, de xeito que esté acorde coa zona verde municipal pola que discorre.

También te puede interesar