Dende primeira hora da tarde, nas Rías Baixas
A dirección Xeral de Emerxencias, organismo dependente da Xunta, activou un aviso de nivel laranxa para este xoves por temporal en toda a costa de Galicia.
Dacordo coa previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), comezou de mañá no litoral da Coruña e dende a ‘hora de xantar’ seguirá pola Mariña Lucense e as Rías Baixas. Así, dende agora, agárdase ‘mar combinada do oeste ou noroeste con ondas de até 6 metros’.
Á vista deste feito, dende a dirección eral de Emerxencias lembran que o mellor é non achegarse á liña de costa e paseos marítimos e tomar todas as medidas de seguridade se hai que sair ao mar.
Fronte fría
Ao mesmo tempo, dacordo co pronóstico de MeteoGalicia, estamos baixo a influencia dunha nova fronte fría. Así, teremos ceos nubrados e precipitacións que se intensificarán pola tarde.
Eso sí: as temperaturas máximas mantense e, por cidades os termómetros marcarán 18 graos en A Coruña; 17 en Ferrol e Ourense; 16 en Pontevedra e Vigo-con 13 de mínima-; 15 en Lugo e 14 en Santiago.