En Lugo
Dous homes de 48 anos e 54 anos faleceron este pasado luns pola tarde, tras producirse un incendio na súa vivenda en Lugo.
Según fontes do Servizo de Emerxencia, o aviso deuno un particular e desprazouse até o lugar unha patrulla da policía. Ao chegar, os axentes comprobaron que había dous mortos. Dacordo cos primeiros datos, o curtocircuíto estaría causado polo cargador dun teléfono móbil.