Galicia Sucesos

Un morto e 37 persoas feridas en accidentes de tráfico a fin de semana

Pontevedra foi a provincia que máis sinistros rexistrou: 17

Muere al chocar el tractor que conducía contra un coche estacionado

Pontevedra foi a provincia que máis sinistros rexistrou: 17

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 38 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 14, e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 16 de abril.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 46. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu unha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 34 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, en 4 accidentes.

En 29 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 8 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar