Só tes que chamar ao teléfono 900 859 660
O Concello de Vigo e FCC incorporan melloras no servizo de recollida individualizada de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE’s). Así, co obxectivo de seguir fomentando a recollida individualizada, refórzase este servizo coa incorporación dun novo vehículo eléctrico de 8m3 de capacidade.
Só tes que pedilo
Nesta liña, como explicou hoxe o alcalde, este servizo, ofrécese baixo demanda previa. Para iso tes que chamar ao teléfono 900 859 660 en horario de mañá e recollen o aparello pola tarde. Deste xeito, pódese realizar unha mellor clasificación das case 17 toneladas que se reciben ao mes deste tipo de residuos, favorecendo a separación e a optimización da recollida.
“Ademáis, podes depositalos no punto limpo fixo, situado no número 65 do polígono do Caramuxo ou nos puntos limpos móbiles, en toda a cidade”.
Novos contedores de vidro de carga lateral
Ademais, o Concello e FCC incorporan 31 novos contedores de vidro de carga lateral destinados a hostalería cos que se poderán recoller ata 3.000 litros, mellorar a frecuencia de recollida e evitar os reboses.
Así, os novos colectores, que substitúen a outras 31 unidades de carga superior tipo iglú; contan con sistema VACRI (Volteo para a Asistencia de Condenadores Rodantes Individuais) que facilita o izado dos contedores de 90 ou 120 litros dos establecementos hostaleiros.