E socorristas na praia de Bouzas
O alcalde informou hoxe que o Concello ampiou en 28.000€ o contrato de seguridade en praias incorporando novos servizos. Entre eles, inclúe a incorporación dun sistema de cadeiras “trial” que permitirá o paseo pola praia ás persoas que precisan desprazarse en cadeira de rodas. Con esta medida, o importe total do contrato para 2023 ascende a 661.745 euros.
12 praias
Así, Vigo terá socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en 12 praias con bandeira azul: A Punta; Bouzas (o Adro); Carril; Santa Baia; praia da Fonte (Tombo do Gato); Argazada; Samil; Fontaíña; O Vao; Canido; Fortiñón e Rodas (Illas Cíes), do 15 de xuño ao 15 de setembro.
Ademáis, o servizo de monitorado para accesibilidade ao baño de persoas con mobilidade reducida en Samil e O Vao, estende a accesibilidade ao baño do 1 ao 15 de setembro. Será en días laborables de 16 a 20 horas e as fins de semana e festivos de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
Así mesmo, incorpóranse en Samil e O Vao tres cadeiras trial, con rodas preparadas para a area, permitindo o paseo pola praia a persoas con mobilidade reducida.