É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másAdxudiadas 1.540 prazas para participar en ‘DepoAventura 2023’
Comeza o 25 de xuño
Comeza o 25 de xuño
A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar as 1.540 prazas dos campamentos de ‘DepoAventura 2023’ que se desenvolverán nas instalacións da Lanzada entre o vindeiro 25 de xuño e o 9 de setembro.
Así, da cifra total de prazas, un total de 1.409 adxudicáronse polo procedemento xeral a través do sorteo, que
vén de ter lugar, e as familias beneficiarias recibirán unha mensaxe no móbil comunicando a súa inclusión no programa. Así mesmo, a institución provincial abriu unha lista de agarda para o caso en que se produzan vacantes.
As restantes 131 prazas foron reservadas para menores en risco de exclusión social; das cales 54 corresponderon aos concellos; 29 ao alumnado do Centro Príncipe Felipe e 48 a menores en situación de tutela e garda doutros centros da provincia.
11 quendas
As e os menores, nados entre os anos 2010 e 2015, desfrutarán dos campamentos nas instalacións da Lanzada, onde desenvolverán actividades nas 11 quendas distribuídas entre xuño e setembro. Cada quenda terá unha duración de 7 días (de domingo a sábado) e en cada unha delas participarán 140 nenas e nenos (70 nenos e 70 nenas).
58 concellos da provincia
Os nenos e as nenas que participarán nos campamentos proceden de 58 concellos da provincia. A maioría son de Vigo (335) e Pontevedra (154). Outros concellos con grande asistencia son Vilagarcía (79); Redondela (45); Ponteareas; O Porriño; A Estrada; Lalín; Marín; Cangas, (estes con 44). Destacan tamén Poio (25); Nigrán e Gondomar (24); Baiona
e Tui (23); Sanxenxo (22) e 20 nenos e nenas son do Grove; A Guarda; Mos; Salvaterra; Moaña ou Cambados.
Comarcas
Por comarcas, 487 nenas e menos son da comarca de Vigo; 327 da de Pontevedra; 251 do Salnés; 119 de Deza-Terra de Montes; 119 do Condado-A Paradanta; 85 do Baixo Miño; 81 do Morrazo e 71 do Val Miñor.
‘A Lanzada, un paseo pola historia’
Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación oferta este ano un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a inclusión, a lingua de signos, o respecto e o coñecemento da natureza e a dinamización e coñecemento
multicultural da contorna.
Tamén está previsto realizar o tradicional obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e, entre as moitas iniciativas programadas no marco de DepoAventura 2023, inclúese unha visita á Illa de Ons e unha segunda excursión relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.