Comarcas Vigo al minuto

A Deputación recibe 600.000€ da UE para concellos rurais e transfronteirizos

Para impulsar a ‘Axenda 2030’

A Deputación recibe 600.000€ da UE para concellos rurais e transfronteirizos

Para impulsar a ‘Axenda 2030’

A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer a concesión dunha nova axuda de 600.000 euros procedentes de fondos europeos- ao abeiro do programa de cooperación transnacional Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2017- para desenvolver un proxecto que persegue a implementación e localización da Axenda 2030 nos pequenos municipios rurais e transfronteirizos, adaptando os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible globais, os 17 ODS, ao mundo local.

Liderado pola Deputación de Pontevedra

O proxecto, “C2 Axenda 2030 Local de Capacitación e Colaboración”, é un plan transfronteirizo e plurirrexional impulsado, coordinado e liderado pola Deputación e da que forman parte outras seis entidades sociais: a
Universidade de Vigo, as deputacións de Cáceres e Huelva e as comunidades portuguesas do Alto Minho (transfronteirizo coa provincia de Pontevedra), do Baixo Alentejo (transfronteirizo con Huelva) e da Beira Baixa (transfronteiriza con Cáceres). A duración prevista do proxecto é de 25 meses.

Desenvolvemento

Como explica Carmela Silva, a finalidade deste novo programa é axudar e acompañar os pequenos municipios para que incorporen a Axenda 2030 e os ODS como unha forma de avanzar en termos dun desenvolvemento máis sostible e integrador desde a cooperación transfronteiriza.

Así, os seus obxectivos concretos son, por unha banda, aproveitar as sinerxías –consideradas vitais para os pequenos
municipios– e, pola outra, favorecer a identificación dos retos compartidos e a xeración de proxectos transfronteirizos.

No marco do “C2 Axenda 2030 Local de Capacitación e Colaboración” desenvolveranse tres actividades específicas. A primeira, unha actividade de diagnose e xeración de ferramentas para identificar as necesidades dos pequenos municipios e deseñar ferramentas de capacitación adaptadas. En segundo lugar, un traballo en base a seminarios, cursos formativos e comunidades de aprendizaxe para identificar e concretar proxectos colaborativos. A terceira consistirá na creación dun observatorio transfronteirizo da localización da Axenda 2030 para integrar o coñecemento e as boas prácticas identificadas.

Este observatorio terá tres contidos: un banco de indicadores comúns para que a xestión municipal sexa aplicable á súa realidade; un banco de boas prácticas onde administracións ‘embaixadoras’ compartan as súas experiencias e, en
último lugar, un banco de proxectos transfronteirizos da Axenda 2030.

También te puede interesar