O sábado foi o día con máis accidentes
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 66 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas desde as 3 da tarde do venres, 5, ata as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 7 de maio.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 49 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria, en 7 accidentes.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes; en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.