Na votación aberta polo Celta
A propósito da votación aberta polo Celta de Vigo para propoñer e escoller unha nova denominación para a remozada grada de “Marcador”, xurdíu estes días un movemento espontáneo e popular que propuxo o nome de “Tameiga Resiste” para dita grada.
Ecoloxistas en Acción asegura que ten constancia de que centos de siareiros celestes e veciñanza da comarca de Vigo están promoviendo e votando esa denominación na web do clube. Desde a organización ecoloxista animan a ciudadanía a participar e mandar así unha mensaxe sobre a necesidade de preservar a natureza da contorna.
“Como siareiro celtista prefiro que Marcador siga sendo Marcador, pero apoio está iniciativa para amosar que o celtismo non comulga coas ilegalidades e pelotazos urbanísticos en montes comunais. Os pelotazos no campo de fútbol, non nos montes comunais.” afirma Xaquín Pastoriza, coordinador de Ecoloxistas en Acción Rías Baixas.
A organización ecoloxista insta a Xunta a retirara a calificación de interese autonómico a un proxecto baseado nunha construcción que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou ilegal en sentencia firme.
“A Xunta non pode seguir blanqueando este despropósito urbanístico de construir un edificio de case 3.000 m2 , cando pola cualificación do solo rústico de especial protección, só podían construirse uns pequenos vestiarios e almacéns” recalcan desde Ecoloxistas en Acción.