É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA praza Victoria Cadaval será o gran espazo de lecer de Sabarís
Luz verde ao proxecto do Concello de Baiona
Luz verde ao proxecto do Concello de Baiona
A praza Victoria Cadaval será o gran espazo de lecer de Sabarís. Segundo informa o Concello de Baiona, O proxecto cumpre varios obxectivos: recupera o protagonismo para as persoas e, sobre todo, mellora a mobilidade e a accesibilidade da praza.
Así, a praza terá amplios espazos de descanso e paseo; zonas verdes; renovarase o alumeado con tecnoloxía LED e todos os servizos da zona. Para iso contará cun investimento de 500.000€. Hai que ter en conta que a actuación presentouse á convocatoria 2023 do PON (antiguo Reacpon) da Deputación de Pontevedra e xa “superou a puntuación técnica requerida“, polo que o Concello está á espera da aprobación definitiva das obras do PON 2023.
Cambio total
“O proxecto cambiará por completo a praza, que necesita esta renovación integral para mellorar a súa accesibilidade”, explica o alcalde de Baiona. “Desde o comezo do mandato prometimos lealdade con Sabarís e este proxecto é un claro exempo, a diferencia do PP e da Xunta de Galicia”, engade Carlos Gómez Prado.