Cultura Destacados

Ábrese o prazo para presentar películas ao ‘Festival Primavera de Cine’

Comezará en Vigo o mes de setembro

O Festival Primavera do Cine proxecta en Vigo os últimos filmes da sección oficial

Comezará en Vigo o mes de setembro

O Festival Primavera do Cine en Vigo abre o prazo de recepción de películas que durará dende este venres 19 de maio ata o venres 30 de xuño. A convocatoria vai destinada a películas de produción galega en tres posibles formatos: curtametraxe, longametraxe e videoclip; e tamén a curtametraxes e longametraxes de países das áreas lusófonas.

Así memos, os filmes deberán estar producidos a partir do ano 2021 e para inscribirse, as produtoras ou cineastas interesados deberán facelo a través da web primaveradocine.com.

Vigo

As proxeccións da sección oficial sometida a premio de público e de xurado terán lugar en Vigo: no Auditorio Municipal do Concello e, no caso das curtametraxes, no museo MARCO. Estas veñen sendo as principais sedes do festival en toda a súa traxectoria.

Festival de cine galego e lusófono

Xa son 12 anos os que leva este evento traendo á cidade o máis salientable da cinematografía galega e tamén, dende a súa cuarta edición, dando a coñecer as cinematografías da lusofonía (Portugal, Brasil, Angola…). Todo a través de títulos de referencia internacional, moitos deles estrea en Galicia e en España.

Así, a organización destaca que elaborará unha programación de alta calidade, en correspondencia co bo momento polo que está a pasar a cinematografía galega. Buscarase ofrecer títulos moi variados en canto a xéneros cinematográficos e propostas estéticas; atractivas para os espectadores e onde unha boa parte da programación estea ligada ao compromiso social e aos valores humanos.

Actividades paralelas

Tamén se fará un esforzo específico na organización de actividades paralelas que enriquezan o evento máis alá das proxeccións. O obxectivo é que cheguen a un público o máis variado e numeroso posible: idades infantis; charlas e obradoiros para estudantes e profesionais do sector audiovisual.

También te puede interesar