Empezarán a funcionar esta fin de semana
O Concello de Nigrán ven de adxudicar os 8 quioscos de praia do municipio por un importe total de 160.480 €. En concreto, os prezos de licitación oscilaron entre os 34.125 € de Praia América (cifra récord) aos 7.120 € do posto de churros de Lourido. Así, a maioría deles comenzarán a funcionar desde esta mesma fin de semana e, como máximo, ata o 30 de setembro.
Os prezos mínimos de licitación mantivéronse iguais que no ano 2021, obtendo o Concello unha mellora nas ofertas de 48.955 € en total (6.532 € máis que no 2022). En total, o Concello disporá coma nos anos anteriores de 7 quioscos de venda de xeados, refrescos e alimentos (2 en Patos, 1 en Area Fofa, 1 na Madorra, 1 en Panxón e 2 en Praia América) e 1 de venda de churros en Praia América.
Aínda que o quiosco coa oferta económica máis alta recibida foi o de Praia América con 34.125 € e un prezo mínimo estipulado polo Concello en 24.000 €, a diferenza máis grande prodúxose co posto de Panxón, onde se mellorou en 11.585 € a cifra de saída de 19.000 €. Sen embargo, proporcionalmente, a contía máis alta foi a da Madorra, xa que practicamente quintuplicou a oferta mínima de 2.500 € adxudicándose finalmente en 12.150 €.