Comarcas Vigo al minuto

Comezan no Porriño as obras de humanización de Buenos Aires e Progreso

Contan cun orzamento de 879.000 euros e durarán 5 meses

Comezan no Porriño as obras de humanización de Buenos Aires e Progreso

Contan cun orzamento de 879.000 euros e durarán 5 meses

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, supervisou o inicio das obras de humanización e acondicionamento das rúas Buenos Aires e Progreso. Así, estes traballos, contemplan a reforma integral da PO-329 ao seu paso polo centro urbano transformándoa nunha rúa na que os coches ceden protagonismo aos peóns. A previsión é que as mesmas estean rematadas antes de finais de ano.

“Con esta actuación daremos vida a unha zona do centro urbano que precisa dinamizarse e acondicionaremos un dos principais accesos á vila; reforzando a seguridade peonil; mellorando a accesibilidade e a estética e favorecendo a integración urbana, ademais de retirar o paso de vehículos pesados da zona”, explicou o alcalde.

700 metros

Para iso, farase unha intervención nun treito de case 700 metros desta vía. En concreto, haberá beirarrúas máis anchas, para o que se reducirá  un pouco a anchura dos carrís de circulación na reordenación das zonas de aparcadoiro; renovación dos pavimentos, e rehabilitación da calzada. Completarase a actuación coa dotación de mobiliario urbano: dispoñeranse bancos, papeleiras, xardineiras e árbores; ademáis de mellorar a iluminación con 22 novos puntos de luz e con 12 reforzos luminosos nos pasos peonís, para garantir unha maior seguridade.

Cinco treitos

Os traballos proxectados polo departamento de Infraestruturas da Xunta dividiranse en cinco treitos, en función das necesidades de actuación detectadas en cada un deles. O primeiro tramo, entre as dúas interseccións coa rúa dos Muíños; no caso do segundo, vai desde o comezo do peche de Adif ata o paso a nivel; o tramo tres vai desde o paso a nivel ata o cruce coa rúa Ponte do Valo; o cuarto descorre cruzando o río Louro e pasa baixo a autovía A-55, e no quinto treito, que acaba na glorieta da PO-331, reordenarase a calzada para gañar espazo para os peóns.

También te puede interesar