Destacados Vigo al minuto

O Metal volve á rúa

Convocada folga os días 15, 20 e 22 de xuño

Folga Metal Vigo

Convocada folga os días 15, 20 e 22 de xuño

O Metal volve á rúa. Farano logo do que os sindicatos cualificaran como unha “provocación e insulto”, as propostas da patronal do sector para redactar un novo convenio. Por iso, ante o que aseguraron é un “desprezo total” dos empresarios, UXT, COO e CIG, anunciaron este luns que convocan aos 30.000 traballadores da provincia a unha folga os días 15, 20 e 22 deste mes de xuño.

Irrisoria

Así, os representantes sindicais, que consideran lamentable a postura da patronal, logo de 9 reunións, afirmaron que a proposta do empresariado é “irrisoria”. A mesma propón un aumento de soldos do 0,5% este ano e o 2% para 2024 e 2025; ademáis non queren que o convenio recolla unha cláusula de revisión salarial e propoñen introducir as Empresas de Traballo Temporal (ETTs) no sector, ademáis de “limitar” as vacacións dos traballadores.

Revisión salarial, subrogación e recución de xornada

Como indicaron os representantes de UXT, CCOO e CIG, as súas intencións é que o convenio recolla unha cláusula de recisión salarial; una redución anual de 24 horas na xornada laboral nos próximos tres anos e que se inclúa a subrogación dos empregados– como na Administración-.

También te puede interesar