Sí. O programa chámase ‘Xacobeo Xove’ e, segundo adiantou este xoves o presidente da Xunta, ‘premiará’ con até 200€ a mozas e mozos de menos de 30 anos para que fagan o Camiño de Santiago.
“Un terzo dos camiñantes que chegan a Compostela teñen menos de 30 anos”, subliñou Alfonso Rueda, por iso, defendeu estes paquetes -que serán ofertados exclusivamente a través de axencias de viaxes– para “animar a máis mozos e mozas a desfrutar da experiencia única que supón percorrer a ruta xacobea”.
Así, as axencias incluirán un prezo especial cun desconto de 200 euros sobre o seu custo total, “co que se cubriría entre o 40 % e o 50 % destes gastos”, calculou o presidente. Nesta liña, engadiu que esta campaña terá vixencia ata o 31 de decembro, e a Xunta destinará a ela 1 millón de euros co obxectivo de que chegue a uns 5.000 xovenes.