Comarcas Vigo al minuto

Xornadas para reclamar un ‘Tren do Miño’

Tratarán de dar impulso á conexión Vigo-VIana do Castelo

Xornadas para reclamar un 'Tren do Miño'

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal), celebrará os próximos días 22 e 23 de xuño en Tui unhas xornadas sobre o ferrocarril transfronteirizo entre Galicia e o norte de Portugal baixo a denominación ‘Forum de Mobilidade Transfronteiriza do Río Miño: O Ferrocarril Do Miño. Unhas Proximidades Ferroviarias Trasfronterizas’.

Impulso do servizo de proximidade Vigo-Viana do Castelo

Desde un punto de vista técnico, preténdese aprender de experiencias internacionais de éxito para impulsar unha rede ferroviaria transfronteiriza e un servizo de proximidade entre Vigo e Viana do Castelo, co fin de facilitar a mobilidade diaria das persoas habitantes dun territorio con centos de milleiros de veciñas e veciños, en torno ao río Miño.

Técnicos e especialistas

Contará coa presenza de técnicos de transporte e mobilidade de varias zonas transfronteirizas onde se están desenvolvendo casos de éxito en Europa. Tamén participarán diferentes persoas académicas galegas e
portuguesas especialistas en materia ferroviaria.

En canto á acción institucional, nas xornadas participarán representantes de diferentes organismos públicos do ámbito eurorrexional, estatal (español e portugués) e galego. Do mesmo xeito, participarán axentes e actores
institucionais
que traballan pola modernización do ferrocarril no espazo transfronteirizo miñoto.

O obxectivo é sumar sinerxias a favor de servizos ferroviarios transfronteirizos que sexan útiles no día a día da poboación a ambos os dous lados do ferrocarril. Como conclusión está prevista unha declaración institucional cun manifesto a favor dun ferrocarril local transfronteirizo.

Este evento organizado pola Deputación e o CEER- entidade que agrupa ás seis universidades de Galicia e do norte de Portugal -, conta con financiamento FEDER a través do proxecto SMART MIÑO + , proxecto da 6º convocatoria do POCTEP 2014-2020. Ademáis, colaboran o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Río Minho (AECT Rio
Minho) e a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Minho.

Inscrición

A inscrición para as persoas interesadas está aberta na páxina web da Deputación de Pontevedra depo.gal (https://www.depo.gal/-/foro-o- ferrocarril-do-minho-por-un-tren-de-proximidade-transfronteirizo). As xornadas terán lugar en horario de mañá no Parador de Turismo de Tui.

También te puede interesar