Destacados Vigo al minuto

O comercio de alimentación de Vigo irá á folga se non se suben os soldos e se reduce a xornada

Podería ser o vindeiro día 23

O comercio de alimentación de Vigo irá á folga se non se suben os soldos e se reduce a xornada

A CIG-Servizos convocará folga no comercio de alimentación de Vigo e do conxunto da provincia de Pontevedra no caso de que a patronal non acepta reducir a xornada e pactar unha suba salarial que “recoñeza o esforzo
feito polo persoal do sector nos últimos anos”.

Sete xuntanzas sen acordo para pechar un convenio “digno”

Así o anunciou a secretaria nacional, Transi Fernández, ao remate da manifestación celebrada onte na cidade para reclamar un “convenio colectivo digno” e denunciar o “bloqueo das negociacións por parte do empresariado”.

Nesta liña, e responsábel sindical censurou que tras sete xuntanzas, “a patronal aínda non achegou ningunha
proposta económica que permita avanzar na posibilidade dun acordo”
. Nesta liña, engadiu que por iso, a central decidiu poñer en marcha un calendario de mobilizacións, que comezou en Pontevedra e seguiu este domingo en Vigo, cunha mobilización de centos de persoas traballadoras.

Por iso, finalizada a protesta Fernández lembrou que tamén se está a negociar o convenio de Lugo, no que a parte empresarial ofrece un incremento do 4 % para o ano 2023. Esta proposta foi rexeitada pola CIG, logrando que se convoque folga para o 23 de xuño.

Todo depende da xuntanza deste martes

Deste xeito, se na reunión prevista para este martes, a patronal non achega propostas próximas ao que reivindica o sector “haberá que tomar medidas de presión máis máis contundentes como parar o día 23”. Neste sentido, Fernándezs lamentou que os outros sindicatos presentes na mesa de negociación non quixeran participar das mobilizacións. Mesmo “criticando incluso a nosa convocatoria e poñendo en dúbida a representación da CIG na mesa, que é de maioría absoluta”.

Sector “esencial” durante a pandemia

Finalmente, fixo fincapé en que “non pode ser” que un sector que foi considerado esencial durante a pandemia “logo o esforzo do seu persoal non se vise compensado”. Por iso, sinalou, ademais dunha suba salarial digna “reclamamos algo importante: a redución de xornada para poder conciliar e descansar”.

También te puede interesar