Alfonso Rueda vén de facer cambios no Goberno galego. Aproveitando a marcha de Francisco Conde- que deixa a vicepresidencia 1ª para ser candidato ao Congreso dos Deputados por Lugo- nomeou vicepresidente 1º a Diego Calvo -que era o vicepresidente 2º- e coloca no seu lugar a Ángeles Vázquez, quen ademáis de vicepresidenta, seguirá sendo conselleira de Medio Ambiente.
Rosa Quinta deixa a Xunta logo de 14 anos
Sae do Goberno de Galicia a persoa que máis tempo levaba nel, xunto co propio Rueda: Rosa Quintana, que estaba a fronte da Consellería do Mar dende hai 14 anos. Tomará o relevo o lucense Alfonso Villares, alcalde de Cervo. Quintana será a número 2 do PP na lista ao Congreso por Ourense.
A Consellería de Economía, que tamén dirixía Francisco Conde, pasa a mans de María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego. O seu posto neste departamento será para Elena Rivo,vicerrectora do Campos de Ourense da Universidade de Vigo.
O resto do Consello da Xunta, que Alfonso Rueda herdara de Alberto Núñez Feijóo segue igual.