O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañou hoxe ao Alejandro Lorenzo, ‘Caroca’, na súa toma de posesión como alcalde do Porriño. Xunto a Rueda, tamén estaban no salón de Plenos, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o próximo presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a súa vicepresidenta, Marta Fernández-Tapias.
16 concelleiros dos 21 da Corporación
Rueda arroupou a un dos alcaldes con máis respaldo de Galicia: Lorenzo acadou 7.180 votos, case o dobre que hai catro anos; preto do 66% do apoio electoral e 16 dos 21 concelleiros da Corporación porriñesa, que este ano sumou 4 representantes máis polo aumento de poboación. Pola súa banda, o BNG pasou a ser a segunda forza política, con 3 concelleiros, un máis que en 2019. O PSOE perdeu a metade dos votos que tiña e dous asentos na Coporación, pasando de 4 a 2.
Alcalde dende decembro de 2021, logo de que a renuncia da desaparecida Eva García de la Torre, convertérase nunha ‘película de Monty Phyton, Lorenzo enfrontou en apenas ano e medio, e cun goberno en minoría, unha xestión complicada: falla de pago de milleiros de facturas por parte do Concello; problemas no funcionamento dos servizos públicos municipais e meses de inestabilidade que levaran á renuncia da súa antecesora.