Destacados Vigo al minuto

A nova delegada da Xunta en Vigo, disposta a chegar a acordos co Concello

“A miña porta estará sempre aberta para a cidadanía”

A nova delegada da Xunta en Vigo, disposta a chegar a acordos co Concello

Dende este martes, Ana Ortiz é a delegada da Xunta en Vigo. O presidente Rueda, o vicepresidente 1º, Diego Calvo, e a anterior delegada, Marta Fernández-Tapias, asistiron á súa toma de posesión. Nela o titular do Goberno galego salientou a experiencia e a capacidade de traballo da nova representante autonómica, quen xa fora subdelegada do Goberno na provincia, durante o goberno de Mariano Rajoy.

Ana Ortiz sucede no cargo á nova voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Marta Fernández-Tapias, quen tamén asumirá unha das vicepresidencias da Deputación.

Diálogo

Alfonso Rueda subliñou que a tanto a nova delegada en Vigo, como o delegado en Pontevedra, o ex alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, teñén como principal tarea o diálogo, con todas as institucións e colectivos de todas as cores.

Nesta mesma liña, Ortiz sinalou que “a miña porta estará sempre aberta para a cidadanía”, ademáis selientou que “o diálogo e a lealdade son principios básicos”. Así, comprometeuse a “tender pontes, abrir camiños e facilitar acordos” con outras institucións, en referencia ao goberno municipal, representado por Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social, e a terceira tenente de alcalde, Elena Espinosa.

Acabar co abandono da cidade

Co ocasión do cambio na Delegación da Xunta en Vigo, o Bloque Nacionalista Galego esxiulle a nova delegada que poña fin ao “abandono e castigo” coa cidade. Así o expresou o concelleiro e portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas, nunha carta dirixida a Ana Ortiz, na que lle reclamou unha rectificación “urxente e profunda” das políticas do Goberno galego e na que detallou até 30 débedas pendentes.

Igrexas defendeu que a cidade “merece máis que un mero relevo de persoas á fronte da institución. Así, asegurou que agarda que o cambio na delegación se traduza nun novo ciclo que remate co “total e deliberado abandono” aplicado polo PP na Xunta dende 2009. Malia que matizou que o BNG non ten “ningún tipo de esperanza de que así sexa”.

Este abandono, indicou o veceiro muncipal do BNG, que “se traduce e manifesta de maneira incontestábel nunha clara falla de investimentos pero, o que é máis grave, na continuada deserción das competencias que o Goberno galego ten de exercer tamén na cidade”. Por iso, reprochou a “sistemática desatención” das necesidades da principal cidade galega na que habitan oficialmente 292.374 persoas, pero na que viven e traballan moitos millares máis.

También te puede interesar