Cultura Vigo al minuto

Estudo e intervención do grafiti de ‘Muelle’ en Vigo

Para garantir a súa conservación

Estudo e intervención do grafiti de 'Muelle' en Vigo

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia colabora co Concello para a restauración dunha firma en Vigo de Juan Carlos Argüello, coñecido como ‘Muelle’. Juan Carlos Argüello é un dos pioneiros do grafiti en España. Na cidade apareceou recentemente unha firma de gran tamaño que amosa as características habituais da sinatura, coma o R pechado nun círculo ou o tirabuzón rematado nunha frecha baixo o alcume.

Nos vindeiros días realizarase un estudo pormenorizado do estado de conservación da peza e realizarase unha intervención axeitada ás súas características. Realizarase tamén o deseño de medidas para propiciar unha mellor conservación a medio e longo prazo.

También te puede interesar