Galicia Vigo al minuto

Este xoves, 22 empeza o ‘Servizo Especial a Praias’ de Vitrasa

E a noite do venres 23, o de San Xoán

Este xoves, 22 empeza o 'Servizo Especial a Praias' de Vitrasa

Este xoves, día 22 de xuño, Vitrasa pon en marcha o ‘Servizo especial ás praias’. Así, 9 liñas conectarán Vigo con todos os areais. En concreto, ademais das 6 liñas que van ás praias: L10, L11, L12A, L15A, L15B e L15C, amplían o seu percorrido a liña C3 –todos os días da semana- e as 4C e 23 -en horario de tarde nos días laborais e todo o día os sábados, domingos e festivos-.

Coa PassVigo, os usuarios poderán realizar ata 2 transbordos gratuítos en 45 minutos, podendo chegar desde calquera punto de Vigo ós areais da cidade.

Este servizo especial ás praias finalizará previsiblemente no mes de setembro, condicionado polo tempo. En todo caso, Vitrasa comunicará o inicio e fin do servizo con antelación a través das canles de información habituais. A información sobre liñas, horarios e percorridos está dispoñible en vitrasa.es e Vigo App.

Servizo ‘especial’ San Juan

Con motivo da celebración do San Xoán, a noite do 23 de xuño Vitrasa reforzará a liña nocturna (N1) para dispoñer dunha frecuencia de paso de 20 minutos en zonas como o centro, Coia, Bouzas ou Samil.

Recordamos que o itinerario da liña N1 inclúe as seguintes rúas: Samil – Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzáiz- Príncipe – Trav. Vigo – Buenos  Aires – S. Badia – G. Barbón – P. Sanz – V. Moreno – García Olloqui – Cánovas del Castillo – Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Avda. Samil.

Do mesmo xeito, desde ás 19:00 todas as liñas regulares a Samil disporán dun servizo de reforzo:

ParadaLiñasFrecuencia Media
ChorónsL15A – L15B – L15C17 minutos
Policarpo SanzL10 – L15B – L15C17 minutos
Praza AméricaL10 – L15A20 minutos

O servizo de reforzo R1 terá o seguinte percorrido:

Ida: Samil – Avda. Europa – Avda. Castelao – Pza. América (túnel) – Camelias – Venezuela – Gran Vía – Urzaiz – R. Argentina – G. Barbón – Colón – Urzáiz – Travesía Vigo – Dr. Canoa (San Lourenzo) – García Barbón.

Volta: Garcia Barbón – Policarpo Sanz – Velázquez Moreno – Praza Compostela – García Olloqui – Cánovas Castillo – Beiramar – Gaiteiro Ricardo Portela – Torrecedeira – Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso – Camilo Veiga – Avda. Atlántida – Avda. Samil – Samil

También te puede interesar