Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másTeis cambiará de aspecto
Adxudicada a humanización da Avenida de Galicia de Chapela ao IES de Teis
Teis cambiará de aspecto. A Xunta adxudicou por un importe de 3.536.777 euros as obras para executar a 2ª fase do proxecto de humanización da Avenida de Galicia. Así, esta actuación, adxudicada á empresa Civis Global, S.L., completará a remodelación deste eixo vertebrador da parroquia coas obras, xa iniciadas, da 1ª fase de humanizaciónda PO-323, no treito de 500 metros que vai desde a avenida da Mariña Española ao instituto, que durarán un ano.
Rematadas a finais de 2024
A previsión é poder comezar esta 2ª fase dos traballos no outono, cun prazo de execución de 14 meses -estarán rematadas a finais de 2024-. En concreto, as intervencións que se veñen de adxudicar, centraranse na humanización do treito de 1,56 km desta vía autonómica, entre o límite de Vigo co municipio de Redondela ata o IES de Teis.
O obxectivo é reforzar a seguridade viaria, priorizando os peóns nesta vía de acceso á cidade con características urbanas. Con esta 2ª fase, búscase fomentar a mobilidade segura e sostible, así como mellorar a mobilidade interna na cidade. Para iso, realizaranse conexións coa trama urbana de beiravías existentes e con itinerarios alternativos, como a senda da vía verde.
A actuación incluirá a reposición de pavimento dos itinerarios existentes; a execución de zonas de aparcadoiros e a habilitación de pasos peonís sobreelevados nas interseccións que permitan a interconexión con outros itinerarios peonís; ademáis, nas zonas onde o espazo dispoñible o permite, disporase arborado.
75 prazas máis de estacionamento
En canto aos novos aparcadoiros incluídos neste contrato, está previsto executar tres novas zonas cun total de 167 prazas, o que unido ás prazas que se conservarán nas marxes da estrada, supón que haberá 273 prazas no ámbito da obra. Así, gañaranse 75 prazas con respecto ás 198 actuais.
Tras a análise das achegas recibidas, procederase a retranquear o saínte da vivenda no número 293 da Avenida de Galicia, igualándoo coa aliñación da edificación contigua. Tamén se valorará a expropiación do terreo e a expropiación da parte da vivenda a demoler, e incluirase a reconstrución do resto da vivenda, dentro das obras que se van realizar.
Como resultado das alegacións, tamén se levará a cabo o reforzo da semaforización no acceso ao Colexio Público San Salvador e a mellora de instalación semafórica no cruzamento entre Baixada á Rotea e a avenida de Galicia.
A Xunta impulsa esta actuación ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration-EU.