Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAberta a inscrición para as escolas deportivas gratuitas de Ponteareas
Pode facerse online ou presencialmente no Concello
O Concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas gratuítas nos meses de verán. Así, un total de dez modalidades deportivas diferentes compoñen esta oferta: tenis, wushu e taekwondo, patinaxe, baloncesto, fútbol, natación, ciclismo, petanca ou hóckey son as modalidades que figuran neste programa para xullo e agosto.
Inscricións
Agora, as persoas interesadas poden realizar xa as inscricións nas distintas modalidades ben enviando un correo electrónico a [email protected] ou de forma presencial no departamento de Deportes, situado no andar baixo do Concello.
Os rapaces e rapazas poderán practicar así tenis co Club Tenis Ponteareas en xullo e agosto na Freixa; wushu e taekwondo co Club Sport Factory no Fermín Bouza Brey ou no IES Val do Tea ou patinaxe co Club Luar; baloncesto co Club Baloncesto Ponteareas e hóckey no pavillón do Complexo Deportivo Álvaro Pino.
Tamén poderán gozar da auga e da natación da man do Club Natación Ponteareas; da bicicleta co Club Ciclista Ponteareas. Para aqueles nenos e nenas que prefiran o fútbol, poderán participar nas escolas deportivas organizadas pola SD Cultural Areas ou o Sporting Club San Mateo ou no de tecnificación da Escola Deportiva Futsal.