É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másUrxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 80 persoas debido a 55 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 23, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 25 de xuño.
Así, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 80: as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 11 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu en 4 ocasións; as ambulancias de soporte vital básico asistiron en 57 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 8 accidentes.
En 67 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios; en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.