Luz Casal volve a Vigo. Actuará o próximo 6 de outubro a partir das 20,30 horas no teatro García Barbón. Será a ocasión perfecta para coñecer o seu último traballo ‘Las Ventanas de mi Alma’.
Segundo os organizadores, é o disco “máis persoal e autobiográfico da súa carreira”, e chega após cinco anos sen novos temas. Así, subliñan, “lonxe de conformarse coa renda que lle outorgan catro décadas no máis alto, Luz explora novos sons e aborda asuntos de actualidade, para ofrecer un álbum rotundo e arrebatador, doce temas chamados a ampliar a avultada lista de éxitos da artista unha das voces máis inconfundibles do panorama musical europeo”
Dende as 10:00h. deste mércores 28, podes comprar as entradas en www.ataquilla.com, con prezos que varían entre 40 e 60€, máis os gastos de xestión.